Victor Tourneur
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de xuño de 1878 Verviers, Bélxica (pt) |
Morte | 25 de febreiro de 1967 (88 anos) Boitsfort. Bruxelas-Capital. Bélxica. |
Q105870704 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Belga. |
Educación | Universidade de Liexa. |
Q89547790 | Estudos celtas e numismática belga. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática. |
Ocupación | numismático, bibliotecario, historiador, antropólogo |
Influencias | Godefroid Kurth. |
Familia | |
Cónxuxe | Mariette Nicodème Tourneur (1926). |
Premios | |
- (1937): Medalla da (RNS). - (1935): Jeton de Vermeil (SNF). | |
Victor Raphaël François Joseph Tourneur, nado o 27 de xuño de 1878 en Verviers, Liexa, e finado o 25 de febreiro de 1967 en Boitsfort, Bruxelas-Capital, foi un numismático, historiador, bibliógrafo, bibliotecario e etnólogo belga especializado na cultura celta.[1][2][3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Victor Tourneur comezou a educación secundaria no Athénée royal de Verviers en 1885, onde tivo como profesor o seu propio pai e outros eruditos como Jules Feller. Alí graduouse en 1896.[4]
Posteriormente estudou na Universidade de Liexa entre 1896 e 1900, con profesores como Godefroid Kurth, e nela acadou o doutoramento en Filoloxía Clásica.[5] A partir de 1901 afondou nos coñecementos de filoloxía céltica en centros de ensino superior de Alemaña e de Francia.[4][6]
En 1903 ingresou na Bibliothèque royale, en Bruxelas, onde desenvolveu diversos labores, entre eles o de conservador adxunto do Gabinete Numismático da Biblioteca Real de Bélxica, en 1911, ata acceder ao posto de conservador en 1919.[4][5][7] Entre 1929 e 1943 exerceu como conservador xefe da Biblioteca Real de Bélxica.[8][9]
Paralelamente ao seu traballo no Gabinete, en 1920 comezou a impartir cursos de Numismática no Instituto de Altos Estudos de Bélxica, en Bruxelas, o cal, logo da primeira guerra mundial foi incorporado á Universidade Libre de Bruxelas.[5] A partir de 1931 accedeu á praza de catedrático de Numismática e Historia da Moeda nesa universidade, na que foi sucedido en 1948 por Philip Grierson.[8][9][10]
En 1938 impartiu tamén un curso no Gollège de France, cuxos contidos foron publicados en 1940 nunha separata da Revue belgue de numismatique.[7][8][9][11]
En 1908 entrou a formar parte da Sociedade Real de Numismática de Bélxica, da que se converteu en secretario en 1912 e finalmente en presidente, entre os anos 1925 e 1949.[5] No período 1919-1955 foi ademais editor e codirecrtor da súa publicación periódica, Revue belgue de numismatique et de sigillografie.[8][9]
Tourneur foi elixido membro da Academia Real de Ciencias, Letras e Belas Artes en 1944, da que xa era membro correspondente desde 1939, e en 1948 foi nomeado secretario perpetuo.[3][8][12]
Entre 1933 e 1952 foi presidente da Comisión Internacional de Numismática.[8]
No ámbito familiar, Victor Tourneur casou en 1926 con Mariette Nicomède Tourneur, sixilógrafa vinculada ao Arquivo Real de Bélxica, coa que colaborou no seu labor docente. Tiveron unha filla, chamada Marie.[5][13]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- (1935): Jeton de Vermeil, da Société française de numismatique, de París.[14]
- (1937): Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres.[15]
- (1949): Presidente de honra da Société royal de numismatique de Belgique.[8]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Tourneur foi un autor prolífico. Os seus estudos e as súas publicacións acerca das orixes e da civilización dos pobos celtas producíronse unicamente na primeira década do século XX, en tanto que os relativos a asuntos numismáticos, moito máis abundantes, estendéronse ao longo de toda a súa carreira. En total, a súa produción bibliopgráfica supera as 200 referencias, entre monografías, artigos breves e outros máis en profundidade.[13][16][17][18]
Estudos célticos
[editar | editar a fonte]- (1901). Grés a Inscriptions du Musée Communal de Verviers. P. Féguenne, Verviers.
- (1905). Esquisse d'une histoire des études celtiques. Vaillant-Carmanne, Liexa.
- (1905). Histoire des peuples celtiques et du panceltisme.
- (1907). Indices omnium vocabulorum linguae priscae gallicae et vetustae Britannicae quae in Grammaticae celticae editione altera explanatur. Halle.
- (1906). Le mystère breton de Saint Crépin et de Saint Crépinien. H. Champion, París.
- (1906). Les Éditions du "Catholicon" breton Arquivado 20 de outubro de 2020 en Wayback Machine.. Fureteur breton, Nanterre. 2ª ed.
Numismática
[editar | editar a fonte]- (1901). Le Cabinet des médailles de l'État ; son histoire, son importance et la question de son démembrement.
- (1903). Le Trésor de monnaies romaines de Petit-Rechain (Dison). P. Féguenne, Verviers.
- (1904). Deux gros d'Henri II de Chypre (1285-1306, 1310-1324) et la fin du monnayage de l'or blanc dans ce royaume. Polleunis et Ceuterick, Bruxelas.
- (1904). Une médaille commémorative de la fondation de Bois-le-Duc. J. Leherte-Courtin, Renaix.
- (1905). Le Concours pour les médailles de l'Exposition universelle de Liège en 1905. Misch et Thron, Bruxelas.
- (1906). Les Médailleurs au pays de Liège. Liexa.
- (1906). Une monnaie de nécessité des Bellovaques. Polleunis et Ceuterick. Bruxelas.
- (1907). Une imitation gauloise du tétradrachme d'Athènes. Polleunis et Ceuterick, Bruxelas.
- (1907). L'Art de la médaille à Utrecht, à propos du don Begeer au Cabinet des médailles. Misch et Thron, Bruxelas.
- (1907). Le Démembrement du Cabinet des médailles de l'État. Misch et Thron, Bruxelas.
- (1908). La Numismatique à l'exposition de la Toison d'or. G. Van Oest, Bruxelas.
- (1908). L'Origine des Tongrois et une monnaie d'Annarovecos. F. et R. Ceuterick, Lovaina.
- (1908). Une des premières oboles de l'atelier épiscopal de Trèves. F. et R. Ceuterick, Lovaina.
- (1909). La monnaie de bronze des Tongrois. H. Poncelet, Liexa.
- (1909). Le Monnayage de l'atelier d'Ostende sous Marguerite de Constantinople et Guy de Dampierre. Goemaere, Bruxelas.
- (1911). Catalogue des Médailles du Royaume de Belgique. Tome premier (1830-1847). Dupriez, Beuxelas.
- (1911). Un méreau du charbonnage de Sainte-Marguerite, 1599. Institut archéologique liégeois, Liexa.
- (1912). L'Atelier monétaire de Bruges sous le règne de la Maison d'Autriche, 1709-1786. Goemaere. Bruxelas.
- (1919). Médailles historiques de Belgique. III. Goemare, Bruxelas.
- (1920). Quentin Metsys, médailleur. Impr. médicale et scientifique, Bruxelas.
- (1921). Catalogue des monnaies et des médailles napoléoniennes du Cabinet des médailles de la Bibliothèque royale de Belgique. Bibliothèque royale, Bruxelas.
- (1921). Le Médailleur anversois, Steven Van Herwijck (1557-1565). Impr. médicale et scientifique, Bruxelas.
- (1940). Les rois de France, de Philippe-Auguste à Philippe-le-Bel et la monnaie de Flandre. Revue belge de numismatique, Bruxelas (separata).
- (1945). Initiation à la numismatique. J. Lebègue, Bruxelas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ De Callataÿ, F. (1999). "Tourneur, Victor".
- ↑ Leroy, M. (1970).
- ↑ 3,0 3,1 "Victor Raphaël François Joseph Tourneur". Académie royale de Belgique.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 De Callataÿ, F. (1999). "Tourneur, Victor". Páxina 331.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Claes, L. (2017). Páxinas 19-21.
- ↑ Leroy, M. (1970). Páxina 43.
- ↑ 7,0 7,1 Leroy, M. (1970). Páxina 46.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 8,5 8,6 De Callataÿ, F. (1999). "Tourneur, Victor". Páxina 332.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 9,3 Claes, L. (2017). Páxina 26.
- ↑ Leroy, M. (1970). Páxina 45.
- ↑ Véxase "(1940)" na sección "Publicacións".
- ↑ Leroy, M. (1970). Páxina 50.
- ↑ 13,0 13,1 De Callataÿ, F. (1999). "Tourneur, Victor". Páxina 334.
- ↑ "Médaille et jeton de vermeil". Société Française de Numismatique
- ↑ "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
- ↑ Leroy, M. (1970). Páxinas 57-85.
- ↑ "Tourneur, Cictor (1878-1967)". BnF.
- ↑ "Tourneur, Victor 1878-1967". WordCat Identities.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Leroy, M. (1970). Annuaire 1970. Académie royale des Sciences, des lettres et des beaux-arts. Páxinas 41-85.
- De Callataÿ, F. (1999). "Tourneur, Victor". En Nouvelle Biographie Nationale. 5. Académie royale des sciences, des lettres et des beaux-arts. Páxinas 331-334.
- Claes, L. (2017). "Docendo Discimus: The History of Numismatic Education in Belgium...". En Moens, J. (ed.). Colloquium Belgian Numismatics in Perspective. Brussels, 21 may 2016. Société royale de numismatique de Belgique, Bruxelas.
- De Smet, A. (1970). "In Memoriam Victor Tourneur (1878-1967)". En Archives et bibliothèques de Belgique. 41. 3-4. Páxinas 712-721.
- Hoc, M. (1967). "Nécrologie Victor Tourneur". En Revue belgue de numismatique. CXIII. Páxinas 265-268.
- Nados en 1878
- Finados en 1967
- Nados na provincia de Liexa
- Numismáticos de Bélxica
- Historiadores de Bélxica
- Antropólogos de Bélxica
- Bibliotecarios
- Bibliógrafos
- Escritores en lingua latina
- Escritores en lingua francesa
- Galardoados co Jeton de Vermeil
- Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society
- Alumnos da Universidade de Liexa
- Profesores da Universidade Libre de Bruxelas